Inicio Los Tamara Novas As Bandas Descargar Galería
Galego Español
  LOS TAMARA
   
NOVAS
    Lanzamento da web www.lostamara.com e avance do CD    
       
 
    O 20 de Xaneiro, Strabismo Presenta no Luar da TVG o tributo a Los Tamara    
       
 
ESTAMOS NO FB
 
ARQUIVO VISUAL
  GALERÍA DE IMAXES
 

Como tódalas grandes historias, a de Los Tamara nace do inconformiso e da paixón dun grupo de mozos con ganas de rebelarse nun certo sentido.

A imposibilidade de tocar durante as celebracións de caracter relixioso, coma a Coresma e Semana Santa, fixo que pola cabeza de Prudencio Romo, xoven músico noiés, pasase a idea de formar unha orquestra para sair tocar ó estranxeiro, onde poderían exercer a sua profesión con normalidade e de xeito regular. Así, en 1958, Prudencio, seu irmán Alberto, Manolo Paz, José Sarmiento, Enrique Paisal e Germán Olariaga, embarcáronse nunha trepidante odisea. Nese mesmo ano, tras un certame radiofónico celebrado en Radio Vigo os acontecementos sucédense a toda presa.

Vense inmersos de súpeto nunha grande xira norteafricana que os leva por Marrakech, Casablanca, Tánger, Orán... Entre 1958 e 1960 percorren todo o Magreb, tendo incluso que fuxir precipitadamente de Arxelia ó verse sorprendidos pola guerra da independencia. Pero este revés para nada se vería reflexado na súa traxectoria. Todo o contrario. Ese mesmo ano son o primeiro grupo español en tocar no Olympia de París. Estando en Francia pasa a formar parte da banda Pucho Boedo. O binomio Prudencio - Pucho dalle un pulo definitivo ó son do grupo e a partires de ese momento a aventura comeza a facerse mais e mais grande.

Firman en Francia o seu primeiro contrato discográfico, volven a España da man de discos Zafiro onde grabarán, no 64, Galicia Terra Nosa, a primeira canción Pop en galego. Tras unha larga etapa finalizarían a sua relación con Zafiro no 70, coa publicación de Na Fermosa Galicia, o seu primeiro LP e o seu primeiro disco de temática 100% Galega. Inmersos xa na grabación de discos de larga duración, na madrileña casa Marfer, producen o corpus principal da sua obra en Galego, tendo presentes tanto ós clasicos da nosa literatura coma a nosa terra nas suas composicións.

A delicada saude de Pucho precipitou o desmembramento da banda a finais dos 70. A súa relevancia e impronta no imaxinario colectivo manteñen vivo o seu mito e o seu arte desde entón.

 

 

Aviso Legal - Mapa Web - Contacto - Seguenos en Facebook Deseño Orixinal - Ismael Teira Deseño Web - Abraham Romo Aloxamento Web - www.rexistra.net